miércoles, 6 de marzo de 2024

Miguel Ángel Sintes Puertas gana el Primer Premio de la VI Edición do Premio de Fotografía Manuel Ferrol


A VIº edición do Premio de Fotografía Manuel Ferrol convocado pola Asociación Cultural Cultura Aberta de Carral xa ten gañador. A imaxe titulada "El hombre de la calle Callao" do madrileño Miguel Ángel Sintes Puertas foi a seleccionada polo xurado "por ser fiel ao estilo do fotógrafo homenaxeado", de entre as 256 fotografías recibidas e 83 participantes nesta edición O xurado estivo composto nesta edición por seis recoñecidos profesionais da fotografía e o xornalismo. Nacho Romero e Ángel Cordero, profesores de fotografía na EIS da Coruña, Víctor Echave, director de fotografía do diario La Opinión, María Meseger, Xoán Piñón e Vanesa Casteleiro, fotógrafos profesionais. Mirian Pantoja e Lois Anxo Ferreiro actuaron como representantes de Cultura Aberta, secretaria e presidente respectivamente, para levantar a acta correspondente ao finalizar as intensas deliberacións. Durante o verán farase unha exposición con máis de 25 obras presentadas ao concurso no Campo da Feira de Carral.




No hay comentarios:

"PIERRE GONNORD"

"in memoriam"                                   © Miguel Ángel Sintes Puertas Retrato que le hice a Pierre en la Feria del libro...